Rego Vale de Corvos

Ligaçom da primeira convocatoria aqui.

RESULTADOS DA III VISITA DE CIÊNCIA CIDADÁ NO REGO VALE DE CORVOS.
Quilombo, Primavera, 23/04/2022

– Qualidade Hidromorfológica:
Hábitat bem constituído (76 puntos).
Qualidade do bosque de ribeira moderada.
Caudal 0,021 m³/s.
Alteraçons: 2 impactos detectados (bordes rozados, canalizacións); 11 usos do solo distintos; 1 contedor; 4 residuos distintos (plásticos, latas, vidros, pneumáticos); ruído contínuo; contaminaçom lumínica meia.

– Qualidade Fisicoquímica:
12ºC, transparente, 5 mg/l nitratos, 4 mg/l O², 34% saturaçom, pH 6.

-Qualidade biológica:
15 familias de macroinvertebrados ( 4 odonatos, 2 tricopteros, 1 plecoptero, 0 efemerópteros) Resultado do indice: Bo
2 plantas acuáticas
7 árvores
++ Plantas nom acuáticas
1 anfibio: Sapinho pinto (adulto e larvas)
2 aves acuáticas e 10 terrestres
9 Especies de Flora Exótica Invasora

_________________________________________________________________

RESULTADOS DA XV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS EN PONTEVEDRA E EN 41 CONCELLOS DE TODA GALIZA

Pontevedra, domingo 25 de setembro de 2022

Fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na XV Limpeza Simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.

Este domingo 25 de setembro, en Pontevedra 47 persoas participaron na XV Limpeza Simultánea de Ríos. Un dos treitos fluviais seleccionados foi o río Gafos na súa parte urbana, onde as asociación Vai Polo Río, Fundación Juan XII e PACMA retiraron 75 kg. E por outra banda, a asociación O Quilombo escolleu o rego Valdecorvos para recoller uns 50 kg de lixo. Grazas as limpezas realizadas polo voluntariado cada ano a cantidade de residuos presente nestes ríos vaise reducindo, aínda así, seguen chegando centos de envases de plástico, cabichas ou envoltorios de papel de cadeas de comida rápida.

A iniciativa impulsada polo Proxecto Ríos, un programa de Educación e Voluntariado Ambiental da asociación ecoloxista ADEGA, realizouse en 41 concellos de toda Galiza, nun total de 47 treitos de río. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, dende asociacións ecoloxistas, culturais, centros de ensino e concellos, chegando ás 59 entidades. Participaron, nos resultados preliminares, 591 persoas e de momento van contabilizadas case 7 Tn de residuos retiradas dos nosos ríos.

This entry was posted in Geral. Bookmark the permalink.